O luns 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña. Celebrarase, dende o 1 ao 10, nos Xardíns de Méndez Núñez da cidade, en horario de 11 h a 14 h e 17:30 h a 21:30 h.
Durante esta feira, que é unha das máis importantes de Galicia, todas as persoas interesadas en coñecer de primeira man ás autoras e autores ou ampliar as súas lecturas, poderán asistir a unha programación que abrangue todo tipo de públicos.
O primeiro día, luns 1 de agosto, celebrarase, ás 18 h, unha sinatura arredor de Noticias da modernidade, con Raquel C. Pico, na caseta da libraría Espazo Lector Nobel.
Juan Parcero asinará, ás 18:30 h, A soidade selénica, na caseta da libraría Cortizas.
Ás 19:30 h, Victorino Pérez, asinará, na libraría Espazo Lector Nobel, A unidade e a harmonía da realidade. Complexidade e ecoloxía.
Inagurará o segundo día de feira, o martes 2, ás 18 h, Alberto Lema, gañador do Premio García Barros 2021, con Pazo de inverno. Asina a obra na caseta da libraría Espazo Lector Nobel.
Ás 19 h, Xavier Queipo estará asinando obras como a súa recente Algoritmos, Corazón de manteiga ou Minutos para medianoite, na caseta da libraría Cortizas.
Blanca Riestra, autora de Aquí comeza o mar, Premio Blanco Amor 2021, e Ignacio Castro, filósofo e autor de Sexo y silencio (Ed. Pre-textos. 2021), conversarán, a partir das 19 h, na carpa 2, nun encontro que leva por título: Escrituras orgánicas: sexo y literatura.
A autora Charo Pita asinará na caseta da libraría Espazo Lector Nobel, ás 19:30 h, Retratos en branco e negro.
O mércores 3, Javier Fraiz estará, ás 18 h, na caseta da libraría Arenas asinando Morte no espello.
Para as amantes do feminismo e a historia, celebrarase a presentación de Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo, de Marilar Aleixandre e Emma Pedreira.
Acompañando as autoras, estarán as bookstagrammers Violeta Meléndrez (@littera_lupa) e Irene Pérez (@surfeandolibros), con Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia.
Ás 20 h, Xoán Rubia, asinará, na caseta da libraría Cortizas, Pasaba por alí. E quedei un intre.
O cuarto día de feira, xoves 4, o escritor Xavier Castro, estará, ás 18:30 h, na caseta da libraría Pedreira, asinando Servir era o pan do demo.
Con motivo do 50 aniversario de publicación de Alén da desventura, a Editorial Galaxia rescata a obra de Xavier Alcalá, ilustrada, fabulosamente, coa pluma de Siro López. Ambos autores estarán presentando, na compaña de Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia, o libro, ás 19:30 h, na carpa 2 da feira.
A dama da novela negra, Arantza Portabales, asistirá o venres 5, a partir das 19:30 h, na caseta da libraría Espazo Lector Nobel, onde asinará libros como Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Beleza vermella, A vida secreta de Úrsula Bas ou Sobrevivindo.
Para a cativada, e o cativo que todas e todos levamos dentro, Xoán Babarro estará, o sábado 6, asinando, na caseta da libraría Pedreira, asinando Carliños, capitán!, un libro publicado na colección Árbore, ilustrado por Lidia Nokonoko.
O domingo 7, a gañadora do Premio García Barros 2020, María Rei Vilas, asinará, ás 19:30 h, na caseta da libraría Pedreira, Flores de ferro.
Narciso de Gabriel, autor do libro encargado de inaugurar a colección Memoria histórica con Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés, estará asinando, a partir das 18:30 h, na caseta da libraría Pedreira.
Ás 19:30 h, Diego Giráldez presentará, en compaña da xornalista Ana Cermeño, a súa última novela: O meu sangue, na carpa 2.
Cristina Pato estará asinando, na libraría Lume, a partir das 19:30 h, a súa novela debut No día do seu enterro.
O público máis miúdo poderá gozar do espectáculo de Pakolas e súa Ramona Órbita. A dona do tempo, o martes 9, ás 17:30 h, na carpa 2.
Henrique Monteagudo, autor e académico, asinará, ás 18:30 h, O idioma galego baixo o franquismo, na caseta da libraría Pedreira.
Na mesma caseta, Ernesto Is, estará asinando, ás 19:30 h, a súa obra Despois das ondas, que xira arredor da figura de María Casares.
O derradeiro día da feira, mércores 10 de agosto, o autor e xornalista Juan López Rico, estará asinando Aproximación á esquiva figura de Celestino Carballeira, na caseta da libraría Alita Kómics, ás 18:30 h.
Para poñer o broche final á festividade, Nee Barros Fernández, asinará, na caseta da libraría Pedreira, ás 20:30 h, Identidade.
Vémonos, na Coruña!