Cristina Pato (Ourense, 1980) Música, escritora, educadora e produtora, Cristina Pato foi aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” por The New York Times. Na actualidade, a súa vida profesional está centrada na exploración do rol das artes na sociedade a través da docencia e da produción. Traballou como artista en residencia na Universidade de Nova York (NYU), na Universidade de Harvard e na Universidade de California, Santa Barbara. Ademais de colaborar durante quince anos co Silkroad Project, a organización fundada polo violonchelista Yo-Yo Ma. Como escritora e columnista, no ano 2015 comezou a súa andaina cunha columna quincenal no xornal El Correo Gallego, e desde o 2017 escribe unha popular columna semanal para a contraportada do periódico La Voz de Galicia titulada "A arte da inquedanza" pola que gañou o XVII Premio Afundación de Periodismo Fernández del Riego. No ano 2022 publica a súa primeira novela “No día do seu enterro”, coa Editorial Galaxia (Colección Literaria, 2022). Cristina divide o seu tempo entre Nova York e Galicia e comparte a súa vida co fotógrafo Xan Padrón. www.cristinapato.com


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
No día do seu enterro
Unha obra luminosa14,90€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Amiga lúa, amigo marClaudia Castro
O cabaliño de buxoXosé Neira Vilas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR