
A Fundación Penzol
A Fundación Penzol constituiuse notarialmente o 7 de abril de 1963 e inaugurou as súas intaslacións, en Vigo, o 5 de maio do mesmo ano co obxectivo de dotar a Galicia dun centro de estudos e documentación especializado en lingua e literatura galega. Os seus primeiros fondos proceden do mecenado do bibliófilo Fermín F. Penzol-Labandera que durante máis de corenta anos reuniu os máis variados folletos, libros, documentos, periódicos e revistas, cartas e material manuscrito referente á lingua e á historia de Galicia.
Antes do seu falecemento fixo depositaria á Editorial Galaxia deste legado e a editora asumiu o seu mantemento. Na actualidade dispón dunhas amplas instalacións na Casa da Cultura de Vigo, froito dun convenio de colaboración co concello desa cidade. O seu director ata 2010 foi o escritor e fundador de Galaxia, Francisco Fernández del Riego. O actual director é Francisco Domínguez.
O Padroado

A actual composición do Padroado é como segue:
- Presidente: Manuel Puga Pereira
- Vicepresidente Primeiro: Antón Vidal Andión
- Vicepresidente Segundo: Xulio Souto Jiménez
- Secretaria: Inmaculada Valeije Álvarez
- Director: Francisco Domínguez Martínez
- Vocais: Xerardo Fernández Albor; Xulián Parga Rodríguez; Xoán Bernárdez Vilar; Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega); Rosario Álvarez Blanco (Consello da Cultura Galega); Mª Dolores Cabrera Iglesias; Francisco Díaz-Fierros Viqueira; Pedro López Gómez; Manuel Meixide Vecino; Henrique Monteagudo Romero; Mª Dolores Villanueva Gesteira; Manuel Puga Pereira ; Mª del Carmen Pérez Pais; Xavier Martínez Cobas e Silvestre Gómez Xurxo; Abel Caballero Álvarez (Concello de Vigo); Marcelino Agis Villaverde.