Noticias da modernidade. A muller moderna na prensa galega dos anos 20Raquel C. PicoEstamos na Galicia dos anos 20 e asistimos a unha revolución: as mulleres cortan o pelo, fuman e bailan charlestón!, e os medios galegos non poden parar de falar de todo iso. “A muller dos nosos días é inquieta e dinámica”, asegura unha crónica. “Farei golf, pintareime, non me prohibirás, querido, que saia no meu Chevrolet sen o cravo do marido”, promete a protagonista dun poema. Internarse nos medios galegos de entón permite descubrir unha Galicia un tanto esquecida e que parece case secreta, a da época dourada da muller moderna. Ademais de cambiar o corte de pelo e o das saias, as mulleres do momento estudan, traballan e son vistas con certa incomprensión polos señores da súa época. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|