A xeración millennial medrou na España que “vai ben” e estaba chegando á idade adulta cando o país estaba na “Champions da economía”. Todo apuntaba a un futuro cor de rosa, mais a realidade acabou sendo moi diferente. A crise de 2008 freou a súa entrada no mundo laboral e a pandemia foi un golpe inesperado cando estaban comezando a ver unha lixeira recuperación. E agora seguen atrapados nunha sorte de eterna xuventude precaria. Dano colateral dunha sucesión de crises históricas, esta xeración está queimada pola precariedade laboral, o inaccesible mercado da vivenda, por ter que pospoñer unha e outra vez os grandes fitos da vida adulta. E, se miran ao futuro, non son optimistas. Malia todo, a gran conquista millennial é, xustamente, que as relacións, as actividades e as realidades importantes poden ser as que decidan que sexan.
(Santiago de Compostela, 1984) é Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e unha das cofundadoras de Librópatas e Disquecool, o primeiro medio de tendencias en galego. Como xornalista colabora con diferentes cabeceiras, como PuroMarketing ou Luzes, escribindo sobre cultura, márketing e tecnoloxía e historia das mulleres, e foi gañadora dos premios de xornalismo Manuel Reimóndez Portela e Dora Vázquez. Podes seguila en @raquelpico en Twitter e @raquelcpico en Instagram.