NOVA VERSIÓN AMPLIADA
Val Valdés presentouse no ano 2000 a un programa de telerrealidade, do que saíu vencedora e rica. A partir dese momento, convértese nunha empresaria da que apenas se coñece a súa vida privada. Alternando pasado e presente, Sobrevivindo tece unha trama de intriga arredor da súa protagonista: unha muller que loita contra si mesma e contra o resto do mundo. Sobre o pano de fondo dunha miríade de personaxes secundarios, a novela vai deixando ao descuberto a noiva adolescente, a alumna, a esposa, a viúva, a nora, a nai, a xefa, a reclusa e a empresaria de éxito. Val Valdés descomponse en múltiples pezas a través dunha traxectoría vital apaixonante que avanza sen tregua e sen acougo. Corresponde ao lector xuntalas nunha busca que o levará a coñecer o misterio arrepiante escondido detrás desta muller trinfadora e, ao tempo, eternamente derrotada.

(San Sebastián, 1973) iníciase como escritora no ano 2015 cun libro de microrrelatos en castelán, A Celeste la compré en un rastrillo. Ese mesmo ano, coa súa primeira obra en galego, Sobrevivindo (Galaxia), acada o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. A súa segunda novela, Deixe a súa mensaxe despois do sinal (Galaxia, 2017), foi traducida para o castelán, o italiano, o hebreo e o alemán, adaptada ao teatro e obtivo o Premio Novela Europea do Casino de Santiago. Beleza vermella (Galaxia, 2019), un dos títulos máis lidos da novela policial galega, acadou o Premio Frei Martín Sarmiento e está protagonizada polo inspector Abad e a subinspectora Barroso, que en 2021 volven ser os personaxes centrais de A vida secreta de Úrsula Bas (Galaxia). En 2023, publicou O home que matou a Antía Morgade (Galaxia) e en 2025 Asasinato na casa rosa (Galaxia)
© Rubén García