1Q84. Libros 1 e 2Haruki MurakamiUn dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés 932 páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir. Aomame é unha asasina que non deixa trazas nas súas vítimas, coma se finasen de morte natural. Tengo é un profesor e autor inédito ao que lle piden que reescriba unha novela abraiante mais imperfecta. E Fukaeri é unha estudante cuxos pais, membros dunha comuna chamada Amencer, levan sete anos desaparecidos. A novela desenvólvese sobre o pano de fondo da historia contemporánea, das sectas relixiosas, do maltrato e da corrupción, un universo enrarecido no que o narrador escarabella para desvelar outra realidade oculta. Traducida directamento do xaponés para o galego por Mona Imai e Gabriel Álvarez, 1Q84 é o terceiro título de Murakami publicado por Galaxia, que antes tirara do prelo a novela Tras do solpor e o libro Do que estou a falar cando falo de correr. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasXa podes ler os primeiros 3 capítulos de 1Q842011-05-04 14:04:32 1Q84, de Murakami, xa está á venda2011-05-04 14:04:15 Haruki Murakami gañador do XXIII Premi Internacional de Catalunya 20112011-06-03 13:29:59 Galaxia publica '1Q84 Libro 3', de Haruki Murakami2012-03-27 10:31:37 Adianto do primeiro capítulo da nova obra de Murakami2012-03-27 10:31:09
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|