1Q84, de Murakami, xa está á venda

Categoría: Nova

Dende onte pódese atopar nas librerías galegas á tradución para o galego do novo libro de Haruki Murakami (Kioto, 1949), que conforma as dúas entregas dunha monumental triloxía que na súa culminación superará as 1.600 páxinas. 1Q84 é, segundo o escritor xaponés, a súa obra máis ambiciosa e voluminosa, unha novela que desde o seu título lanza unha explícita chiscadela a George Orwell e a súa '1984'. Do escritor nipón temos tamén no catálogo de Galaxia 'Tras do solpor' e 'Do que estou a falar cando falo de correr'. A novela aparece ao mesmo tempo en galego que nas restantes linguas do noso contorno cultural.
'1Q84' desenvolve as historias paralelas de Aomame, unha adestradora de ximnasio que vive unha dobre vida relacionada co asasinato, e Tengo, un profesor de matemáticas a quen un editor encarga a reescritura da novela dunha atractiva adolescente para gañar un concurso de novos talentos. A novela de Murakami, como a de Orwell, desenvólvese no ano 1984 e entre outras temáticas aparecen ao longo da trama o poder e forza das seitas no Xapón ou a cuestión dos malos tratos.
A versión para o galego deste libro de Murakami é de Mona Imai e Gabriel Álvarez.

Comparte nas túas redes sociais ou por email