Xa podes ler os primeiros capítulos de “Oversize”, de Marta Boente

Os primeiros capítulos de Oversize, a primeira novela de Marta Boente, xa están dispoñibles para ler. Unha oportunidade para descubrir unha historia na que a memoria, o azar e as experiencias cotiás se entrelazan. A protagonista de Oversize é unha dependenta que percorre Madrid camiño dunha formación de traballo. Ao longo desa viaxe, a rutina, […]

Xosé Cermeño presentou “Por que comemos?”, no Mercado de Abastos de Pontevedra

O CIFP Carlos Oroza empregará a obra como material didáctico durante o curso 2026-2027 e preparará catro menús inspirados nos seus capítulos. O xoves 8 de outubro, o gastroespazo do Mercado de Abastos de Pontevedra acolleu a presentación de Por que comemos?, de Xosé Cermeño. Na rolda de prensa acompañaron o autor Ricardo Fernández Guerra, […]

Editorial Galaxia lamenta o falecemento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental do pensamento galego

O economista, intelectual e histórico referente do galeguismo, que dirixiu a colección Alén-Nós e publicou con Galaxia algunhas das súas obras máis relevantes, faleceu aos 90 anos. Editorial Galaxia lamenta profundamente o falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela, 1936-2026), figura destacada do pensamento galego contemporáneo, cunha ampla traxectoria nos ámbitos académico, cultural […]

Lecturas recomendadas no Mes Internacional das Bibliotecas Escolares

Outubro é o Mes Internacional das Bibliotecas Escolares, unha ocasión para poñer en valor estes espazos de encontro coa lectura e o traballo de quen acompaña o alumnado no descubrimento dos libros. Desde Galaxia, sumámonos a esta celebración compartindo o catálogo do plan lector de infantil e primaria para o curso 2026–2027 e algunhas das […]

“Paio e o Gatipedro”: unha historia para descubrir o folclore galego en familia

A obra de Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado, gañadora do Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi, chegará proximamente ás librarías. Paio esperta coa cama mollada. O avó, a avoa e a súa irmá bótanlle a culpa, pero el teno moi claro… foi o Gatipedro, unha criatura con corpo de gato, lingua longa e […]

“Por que a filosofía?”, pensar o presente para comprender quen somos

A filosofía leva séculos formulando as preguntas máis difíciles, pero tamén as máis necesarias. Nun presente atravesado pola intelixencia artificial, a crise ecolóxica, o exceso de información e a transformación das nosas formas de vida, Abraham Rubín Álvarez e Brais González Arribas convidan a deterse, pensar e mirar a realidade desde outras perspectivas. En Por […]

Conversa arredor de “Lovers. Unha viaxe literaria polas emocións humanas”, en Vigo

O venres 2 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO de Vigo, un encontro arredor de Lovers. Unha viaxe literaria polas emocións humanas, de María Xosé Porteiro e Alberto Avendaño, organizada polo Club Faro de Vigo. Acompañando os autores, estarán Marcos Calveiro, director de Editorial Galaxia; e Malores Villanueva, crítica literaria, escritora. Amor, desamor, […]

Xavier Alcalá percorre medio século de relación coa Arxentina en “Arxentina inmensa”

Arxentina inmensa, é o novo libro de Xavier Alcalá, unha obra nacida dunha relación de cincuenta anos cun país profundamente vencellado á historia de Galicia. O venres 16 de outubro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Librouro, en Vigo, a  primeira presentación. Acompañando o autor, estará Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de […]