José Luís Baños de Cos gaña o I Premio Castelao de Textos Teatrais con “Khôra”

Celebramos o Día do Teatro anunciando que a Editorial Galaxia publicará a obra Khôra, de José Luis Baños de Cos, gañadora do I Premio Castelao de Textos Teatrais e ambientada na cidade de Vigo. Este novidoso certame, impulsado pola Deputación de Pontevedra para poñer en valor a figura do intelectual galego e seguir impulsando a […]
Álvaro Domínguez Rodríguez-Volta gaña o II Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil por “Ensino para místicas”

No Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a 25 de marzo de 2026 reuniuse o xurado do II Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas e Editorial Galaxia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, constituído por Armando Requeixo, crítico literario, […]
100 anos de Dario Fo: a risa como forma de resistencia

Hoxe cúmprense 100 anos do nacemento de Dario Fo, unha das voces máis incómodas e necesarias do teatro. Autor, director e actor, fixo da sátira unha ferramenta de denuncia fronte ao poder, cunha obra marcada pola crítica social, política e cultural. En Editorial Galaxia contamos no noso catálogo con Morte accidental dun anarquista, traducida por […]
Celebramos o Día da Poesía

Cada 21 de marzo celebramos o Día da Poesía, unha data para lembrar que a poesía segue a ser unha das formas máis intensas de mirar o mundo. Nun tempo de présas, os poemas obrígannos a parar, dan espazo á emoción e á palabra. En Editorial Galaxia celebramos este día poñendo en valor as voces […]
Xosé de Cea gaña IV Premio de Novela da Galicia Rural con “Nacional 547”

No día de onte reunido telematicamente o xurado a da IV Edición do Premio de Novela da Galicia Rural convocado Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaria Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, composto por Tania Vázquez García, Armando Requeixo Cuba, Óscar Reboiras […]
Galaxia e El Corte Inglés presentan en Vigo as bases do X Premio Illa Nova de Narrativa

Vigo, 16 de marzo de 2026. Esta mañá celebrouse, na libraría de El Corte Inglés de Vigo a rolda de prensa de presentación das bases do X Premio Illa Nova de Narrativa, convocado por Editorial Galaxia coa colaboración de El Corte Inglés. No acto participaron Fuencisla Cid, directora de Comunicación, Relacións Institucionais e Marketing en Galicia; […]
Convócase o 7º Premio “O GARAXE HERMÉTICO” de Banda Deseñada

Dada a nova realidade creativa que dende o ano 2012 está a agromar en Galicia nas aulas da Escola Profesional de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, e dado o compromiso de Editorial Galaxia para fortalecer as canles de publicación de obras de cómic en lingua galega, ambas as empresas uníronse para convocar o: VII PREMIO […]
Presentación de “Cántigas populares”, en Ferrol

O xoves 12 de marzo, celebrarase, ás 20 h, no 1º andar, no Salón de Actos da sede do Real Coro Toxos e Froles, en Ferrol, a presentación de Cántigas populares, de Dorothé Schubart e Antón Santamarina. Contará coa participación de Santamarina, e Pipo Arribe (Real Coro “Toxos e Froles”). O libro reúne unha escolma de […]