Convócase o III Premio ‘Alberte Quiñoi’ de Álbum Ilustrado
O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a terceira edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: Primeira Poderán optar ao III Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio […]
María Canosa
Todos coñecemos o título de Carlos Casares "A galiña azul". Pero… cantos aínda non o leron? Seguro que máis dos que imaxinamos, pese a que o libro xa se publicase por primeira vez no ano 1.968. A galiña azul non só se reduce a unha sinxela escolma de contos. É un canto á amizade e […]
Clara do Roxo
Na novela Maeström, Maelström, Manuel Sánchez Gálvez converte a Nemo nun Fausto na cidade, un home inmortal ás ordes do seu inimigo. Da súa man coñeceremos a evolución da cidade de Vigo, tan protagonista coma un personaxe principal, pero tamén os dilemas morais e a agonía do capitán, que ve marchar a seres queridos e […]
Gastronomía e teatro na Coruña este xoves
Este xoves tres libros da Editorial Galaxia protagonizarán as presentacións da Feira do Libro da Coruña. Por unha banda presentaremos, ás 19 horas, dous libros de teatro pensados para os máis pequenos da casa. A nosa editorial está apostando moi forte polo teatro infantil e vén de publicar AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA, de Raquel […]
Charo Pita presentou a súa nova novela na Coruña
Onte martes, a carpa infantil da Feira da Coruña encheuse para escoitar a Charo Pita durante a presentación da súa nova novela, OXALÁ ESTIVESES AQUÍ que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos. A autora estivo acompañada polo editor Francisco Castro quen explicou a xénese da obra, nacida como unha narración oral da autora para […]
Presentación do novo libro de Eli Ríos na Coruña
A escritora Eli Ríos presentará este mércores ás 19 horas o seu novo libro 'Marta e a píntega' no marco dos actos da Feira do Libro da Coruña. O libro, que está a ser xa un dos máis vendidos do país, presentarase coa presenza da autora que estará acompañada pola mestra de Educación Infantil, Nuria […]
Encontro de literaturas en Asturias
As letras asturianas, portuguesas (de Miranda do Douro) e galegas fixeron irmandade durante a pasada fin de semana en Xixón (Asturias), nas xornadas do Arcu Atántico, que veñen de celebrar a súa V edición. Autores e autoras en castelán, asturiano, mirandés, portugués e galego compartiron poesía, narrativa e, en xeral, a emoción da literatura. O […]
Presentación do novo libro de Charo Pita na Coruña
Charo Pita vén de publicar na colección Árbore 10 anos unha nova novela titulada 'Oxalás estiveses aquí'. Será presentada mañá martes, dentro dos actos da Feira do libro da Coruña. A autora estará acompañada polo escritor Francisco Castro. Charo Pita é unha das narradoras fundamentais da Literatura Infantil e Xuvenil en galego. Con Xoán Curiel […]