As letras asturianas, portuguesas (de Miranda do Douro) e galegas fixeron irmandade durante a pasada fin de semana en Xixón (Asturias), nas xornadas do Arcu Atántico, que veñen de celebrar a súa V edición. Autores e autoras en castelán, asturiano, mirandés, portugués e galego compartiron poesía, narrativa e, en xeral, a emoción da literatura.
O primeiro acto celebrouse na casa natal de Jovellanos, en Xixón. Ese mesmo día, pola tarde, no Paseo das Palabras, Antón Riveiro Coello, Xosé Antonio López Siva (como tradutor) e Víctor F. Freixanes falaron da literatura galega, máis concretamente da obra do autor de "Laura no deserto", que asinou exemplares dos seus libros tanto en galego como a tradución ao castelán en Mar Maior. Freixanes falou máis específicamente na situación actual das nosas letras e da experiencia de Mar Maior en Buenos Aires.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR