Charo Pita presentou a súa nova novela na Coruña

Categoría: Nova

Onte martes, a carpa infantil da Feira da Coruña encheuse para escoitar a Charo Pita durante a presentación da súa nova novela, OXALÁ ESTIVESES AQUÍ que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos. A autora estivo acompañada polo editor Francisco Castro quen explicou a xénese da obra, nacida como unha narración oral da autora para os seus sobriños durante unhas vacacións. O feito non é sorprendente pois se hai algo que dá a coñecer a Charo Pita polo mundo adiante é a súa faceta como contadora de historias.
Precisamente ela colleu o micro para ler o inicio desta novela protagonizada por unha lebre curiosa que, no seu afán por descobrir un misterio, case que afoga….aí parou a lectura deixándonos a todas e a todos os presentes con ganas de máis…pero, para iso, hai que mercar o libro…

Comparte nas túas redes sociais ou por email