Domingos de calcetíns brancos

A obra Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950, da que é autor o sociólogo Manuel Pérez Rúa, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e […]
Lois Pereiro en Galaxia

As editoriais galegas estamos a preparar todo un mollo de propostas de lectura arredor da figura e da obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011. A nosa editorial ten prevista a edición de tres títulos. Por unha banda, e como xa é habitual dende hai moitísimos anos, na colección Letras […]
Xa podes ler os primeiros 3 capítulos de 1Q84

O día 1 de febreiro estará en todas as librerías galegas. Para facer máis curta a espera aos seguidores do escritor xaponés Editorial Galaxia ofrece a posibilidade de ler de balde os 3 primeiros capítulos da edición en galego. Só tedes que premer na ligazón que podedes atopar á dereita desta páxina.
Presentación de O SOLDADIÑO DE CHUMBO na Coruña

Este sábado presentaremos na cidade da Coruña o clásico de Hans Christian Andersen, O Soldadiño de Chumbo, que inaugura a nosa colección Árbore Cinema e que vén acompañado do DVD coa película producida por Continental e do que preparamos tamén unha aplicación para iPad. No acto intervirán Tomás Conde e Virginia Curiá, directores da película, […]
Árbores x 3

Se onte dabamos conta das nosas novidades en Costa Oeste, falamos hoxe de tres títulos que estes días están a chegar ás librerías de todo o país dentro da colección Árbore, a destinada para o lectorado autónomo, ese que hai que coidar con textos sedutores para que o día de mañá sexan lectores e lectoras […]
Dous novos títulos na colección Costa Oeste

A novela Tardes con Margueritte, da escritora francesa Marie-Sabine Roger, fala deses encontros que che poden cambiar a vida. É unha novela para rir, para pensar, para sentir, para emocionarse. Esta é unha historia con dous personaxes inesquencibles. Por unha banda, German, na mediana idade e pasado de quilos e de tristura (interpretado maxistralmente no […]
Ana Romaní presenta ESTREMAS

Xunto á autora estarán no acto Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, María do Cebreiro, escritora, e o músico Rodrigo Romaní. Estremas é o primeiro poemario que Ana Romaní publica en Galaxia. A colección Dombate incorpora deste xeito ao seu catálogo a obra dunha das poetas que, desde a década de 1990, abordan a […]
Convocado o Ramón Piñeiro de Ensaio 2011

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; e o delegado de Gas Natural Fenosa en Galicia, Luis Díaz, presentaron onte a undécima edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este certame, en memoria do ilustre galeguista, escritor e filósofo Ramón Piñeiro López, pretende contribuír á […]