Xunto á autora estarán no acto Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, María do Cebreiro, escritora, e o músico Rodrigo Romaní.

Estremas é o primeiro poemario que Ana Romaní publica en Galaxia. A colección Dombate incorpora deste xeito ao seu catálogo a obra dunha das poetas que, desde a década de 1990, abordan a escritura afastándose da corrección e a mesura para se achegar aos lindes na que a expresión abeira o silencio como parte do texto.

O libro de Ana Romaní podería ser o comezo dun diálogo entre corpo e lingua, coa literatura como único lugar desa posibilidade. Xunto a esa exploración dos límites do expresado, en Estremas tamén hai "un xeito de persistencia", a busca dunha xinea nova ou a unha lectura nova diso que "arde sen liñaxes" e no que se pode albiscar unha liberación. O poema asenta os pés na furia e na vertixe, rebélase incómodo e respira exhausto nos silencios que abre. É unha urxencia de si mesmo para comprender, indaga nos lindes da súa propia sustancia, na causa que o alimenta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR