A novela Tardes con Margueritte, da escritora francesa Marie-Sabine Roger, fala deses encontros que che poden cambiar a vida. É unha novela para rir, para pensar, para sentir, para emocionarse. Esta é unha historia con dous personaxes inesquencibles. Por unha banda, German, na mediana idade e pasado de quilos e de tristura (interpretado maxistralmente no cine por Gerard Depardieu). Por outra, Margueritte, unha velliña adorable que sabe todo o que hai que saber sobre os libros e, sobre todo, coñece cal é a súa forza e como nos poden cambiar a vida para sempre.
Despois do éxito de O diario vermello de Carlota, tamén publicado por Galaxia, Gemma Lienas presenta agora O diario violeta de Carlota, moito máis ca unha novela e ca un diario. Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas gafas violetas, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísimas situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza.