Inaugúrase o Salón do Libro de Pontevedra
Onte e o sábado, as familias de Vigo gozaba do espectáculo 'Ola, ola, la!', de Mamá Cabra, e que nace dun libro-disco-DVD no que, ademais das cancións, podemos ler un conto da escritora Gloria Sánchez, figura referencial da nosa literatura infantil e xuvenil e que é homenaxeada nesta edición do Salón do Libro Infantil e […]
'Quen son?', dispoñible xa na AppStore

Despois da grande acollida ao primeiro dos contos lanzados dentro do proxecto Contoplanet, o texto de Fina Casalderrey, 'Puag, que noxo!', chega agora o segundo dos títulos, 'Quen son?' de Alicia Borrás. Como no caso anterior, estamos diante dun ambicioso proxecto xurdido da alianza entre Perro Verde Films, Milrayas e a Editorial Galaxia, e que […]
Preséntase o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009

O vindeiro luns será presentado diante dos medios de comunicación o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e que recaeu na obra 'Domingos de calcetíns brancos' de Manuel Pérez Rúa. O acto contará […]
Nós, tamén escritoras
A concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este mércores o obradoiro literario "Nós tamén escritoras", que impartirá o escritor Francisco Castro grazas á colaboración con Editorial Galaxia. O obradoiro está dirixido á mulleres empadroadas en Vigo con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, polo que Iolanda Veloso animou ás […]
'Jan estivo alí' sae en coreano

Os lectores e lectoras coreanos xa poden ler a historia escrita por Xosé A. Neira Cruz e ilustrada por David Soler, 'Jan estivo alí' e coa que inauguramos a colección Árbore Arte. Os editores de Kookmin Books apostan por un título galego para engrandecer un catálogo de álbumes ilustrados que se atopa entre o mellor […]
1Q84, de Murakami, xa está á venda

Dende onte pódese atopar nas librerías galegas á tradución para o galego do novo libro de Haruki Murakami (Kioto, 1949), que conforma as dúas entregas dunha monumental triloxía que na súa culminación superará as 1.600 páxinas. 1Q84 é, segundo o escritor xaponés, a súa obra máis ambiciosa e voluminosa, unha novela que desde o seu […]
O soño de Simbad

O mesmo día en que se dá a coñecer o informe do Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España e que sitúa a poboación lectora galega por debaixo da media estatal, chegan ás librerías novas edicións de dous libros dirixidos á mocidade e primeiros […]
Presentada a edición especial das "Memorias dun neno labrego"

O escritor Xosé Neira Vilas presentou onte en Compostela a edición especial de 'Memorias dun neno labrego' que conmemora o cincuenta aniversario da súa publicación na Arxentina. Desde entón, son máis de seiscentos mil exemplares vendidos dunha obra que segue a ser o maior best-seller da literatura galega. A edición especial, que vén de publicar […]