'Quen son?', dispoñible xa na AppStore

Categoría: Nova

Despois da grande acollida ao primeiro dos contos lanzados dentro do proxecto Contoplanet, o texto de Fina Casalderrey, 'Puag, que noxo!', chega agora o segundo dos títulos, 'Quen son?' de Alicia Borrás.
Como no caso anterior, estamos diante dun ambicioso proxecto xurdido da alianza entre Perro Verde Films, Milrayas e a Editorial Galaxia, e que permite que calquera persoa do mundo poida acceder a contos interactivos en galego, castelán ou inglés dende este tipo de dispositivos móbiles. É moi importante sinalar que falamos de libros nacidos en Galicia e en lingua galega e que agora traspasan fronteiras entrando de cheo no camiño da modernidade, como demostraron os premios recentes recibidos por este proxecto, o Premio EGANET '10 Software, Multimedia ou Web e o Premio EGANET '10 Mobilidade.
Nos vindeiros días, o resto dos títulos da colección irán subíndose á tenda de Apple.

Comparte nas túas redes sociais ou por email