Este sábado presentaremos na cidade da Coruña o clásico de Hans Christian Andersen, O Soldadiño de Chumbo, que inaugura a nosa colección Árbore Cinema e que vén acompañado do DVD coa película producida por Continental e do que preparamos tamén unha aplicación para iPad.
No acto intervirán Tomás Conde e Virginia Curiá, directores da película, e o editor do libro, Francisco Castro. Visionarase a película e os asistentes poderán experimentar coa aplicación do conto para iPad.
Unha cita literaria multimedia do que nos gusta chamar Literatura 2.0.