Estás aquí:

Código: 522

900

22,00  IVE INCLUIDO
Premio Torrente Ballester 2018  
Coa primeira metade do século XX como pano de fondo, 900 é unha descomunal e estimulante novela na que, co pretexto de relatar a decadencia dun modo de vida e dun tempo que chega á súa fin, se nos ofrece todo un banquete literario. Nas súas páxinas e nos múltiples escenarios polos que transita, dende un pazo das rías á Compostela universitaria, pasando polo Madrid da bohemia literaria e mesmo polo Flandres da Primeira Guerra Mundial, o lector pode atopar non só unha aparente novela histórica senón tamén unha novela bélica, unha novela bizantina, unha novela de iniciación, unha estudantina, un Künstlerroman, mesmo unha novela erótica, unha policial e, por se iso fose pouco, o que parece unha novela de fantasmas. Fascinante parodia das novelas-elexía sobre a fidalguía rural galega, 900 segue o camiño de tres mozos de procedencia diversa: o indeciso herdeiro duns fidalgos, o talentoso fillo dun industrial e o último e concupiscente vástago dunha estirpe de avogados. A través das súas peripecias coñecemos as circunstancias que nalgún momento han acabar por configurar, queirámolo ou non, a sociedade actual.    

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 904
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 398
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-389-6
Observacións:

AUTORES/AS

López López , Xabier
Xabier López López

(Bergondo, 1974) é autor dunha extensa obra narrativa que inclúe novelas como Doutor Deus (1999), A estraña estrela (2003), A vida que nos mata (Premio García Barros 2003), Trinta e dous dentes (2007), Cadeas (2013), Olympia Ring, 1934 (2014) e 900 (Premio Torrente Ballester 2018), ás que se engade o libro de relatos Os libros prestados (2010). No ámbito da literatura infanto-xuvenil, publicou, Biff, bang, pow! (1997), Cando Artur non era rei (2012) e O segredo da vella librería (2018), entre outras. En castelán, obtivo en 2018 o Premio Juan March Cencillo de novela breve con Max & Franz. As súas obras foron traducidas para o castelán, o portugués, o inglés, o árabe e o chinés, e recibiu diversas distincións, como o Premio Risco de Literatura Fantástica, o Xerais de novela, o Premio da Crítica Española e o Lueiro Rey de novela curta.

As súas obras

900
900
22.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE