(Moaña, 1977), despois de tres novelas psicolóxicas (Sangue no ollo, A fiestra aberta e Vento na cara) e unha manchea de curtametraxes, pasa á ficción científica levando consigo as preguntas que poboan a súa obra: o medo, a melancolía, o mundo onírico, a soidade. Desta vez dende un lugar afastado no tempo e no espazo, o que lle permite usar as referencias musicais, cinéfilas e literarias do seu propio e poliédrico universo.