A tantas mulleres que turraron da vida coas mans e das que non ficou rexistrado onome este libro de mulleres das que sabemos os nomes.
A historia de Juana María de Vega é a dos repetidos intentos de revolución liberal ao longo do século XIX, da Constitución de 1812 aos pronunciamentos de Porlier, Del Riego, Torrijos e Solís e os mártires de Carral, que os seus protagonistas pagaron coa vida. Juana, o seu home, Francisco Espoz y Mina, e os seus pais, participaron nestes intentos, o que lles custou multas, cárcere e exilio. Juana de Vega converteu a súa casa da Coruña nun centro intelectual e político e ideou formas de participación na vida pública nun tempo en que isto estaba prohibido ás mulleres. Deixou tamén unhas Memorias que complementan as súas accións en defensa das liberdades coas xustificacións desa loita, e conseguiu amosar que as batallas polas causas perdidas son semente de futuro.

(A Coruña, 1978). Filóloga, escritora e artista plástica. Como poeta, a súa obra atinxe máis de dez títulos, entre os que atopar s/t, O libro das mentiras e Antídoto, do que en 2017, un dos seus poemas foi considerado o «Mellor Poema do Mundo» e galardoado co Premio de Poesía Jovellanos.
En 2018 gañou o Premio da Crítica Española, no apartado de narrativa en galego, por Bibliópatas e fobólogos, o Premio Xerais de novela por Besta do seu sangue, e o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño por As voces ágrafas, e en 2019 o Premio Jules Verne por Os corpos invisibles, novela que foi considerada, xunto coa autora, a mellor do ano 2018 pola revista electrónica Fervenzas Literarias. En 2020 obtivo o Premio da Gala do Libro Galego ao mellor texto xuvenil por Os corpos invisibles. O seu último libro, Os libros que hai en min (2021), é unha biografía bibliográfica que entronca con Bibliópatas e Fobólogos. Como artista gráfica participou nos poemarios O Elo, de Quico Valeiras e Círculo dentro do círculo, de Inma Doval, e na publicación Xela Arias, poeta nas marxes, e en revistas especializadas como Cuaderno Artístico, Collage e La jirafa en llamas, entre outras.

A andaina poética de Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) iniciábase a finais da década dos anos noventa coa publicación de Catálogo de velenos (Premio Esquío) e continuaba con Abecedario de árbores (2006) e Mudanzas (Premio PEN–
-Caixanova, 2007) —volumes recollidos en Mudanzas e outros velenos (Galaxia, 2017)— ou Desescribindo (2016). Entre as súas achegas no eido da narrativa destacan As malas mulleres (Galaxia, 2021), novela recoñecida co Premio Eduardo Blanco Amor e co Premio Nacional de Narrativa, e As bocas cosidas (Galaxia, 2025), co que este poemario dialoga.