Estás aquí:

Código: 1079

ALBA DE GLORIA

12,50  IVE INCLUIDO
Coeditado co Consello da Cultura Galega
"É moito mellor evocar algo irreal, algo puramente imaxinario, algo que co seu simbolismo nos deixe ver o pasado para proveito do futuro, como unha boa experiencia" O texto de Alba de gloria que ofrecemos reproduce o do discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948, texto do que se coñecen diversas variantes, a primeira delas a publicada naquela altura no número 463 de A Nosa Terra. A nosa edición recupera a que se ofrece no volume IV das Obras de Castelao (ao coidado de Henrique Monteagudo, Galaxia, 2000) e que se basea tanto nas versións xa publicadas como nos mecanoscritos, ata entón inéditos, custodiados no Museo de Pontevedra. A nosa intervención limitouse a limpalo de grallas e retocar miúdos pormenores lingüísticos. Non obstante, en coherencia co criterio divulgativo seguido no nome da exposición que este texto acompaña, actualizamos a forma "groria" do título orixinal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 52
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 105 x 150 mm.
Colección: Varios
Nº na colección: 123
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-242-4
Observacións:

AUTORES/AS

Castelao, Alfonso Daniel
Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.

En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.

As súas obras

Cousas da vida. Animais
foto
esgotado

COLECCIÓN

Varios

A historia de Sara
9788491519768
20.90€ CON IVE
ALBA DE GLORIA
alba-de-gloria
12.50€ CON IVE
Algúns contos completos
9788491516514
21.15€ CON IVE
Arrieiros somos
9788491519485
19.70€ CON IVE
Bambi. Unha vida na fraga
9788491518266
25.45€ CON IVE
Cando choraron as cíes
9788491519430-1
20.75€ CON IVE
Cantigas de Santa María
9788491516415
15.10€ CON IVE
Cen sementes que voaron
cen-sementes-que-voaron
16.50€ CON IVE