Estás aquí:

Código: 18540

Cando choraron as cíes

20,75  IVE INCLUIDO
O día en que choraron as Cíes, miles de persoas nos convertemos en panos de man para enxugar as súas bágoas. O día en que chorou o mar, miles de persoas fomos quen de berrar “Nunca máis”. Hoxe o noso mar e grande, segue queréndonos e segue coidando de nós. Velaquí un libro que trata de amor, dese amor que moitos e moitas lle demostraron ao mar cando estaba estragado pola negrura e a escuridade. Velaquí os testemuños de homes e mulleres que, coas súas mans e o seu alento, foron capaces de defender o que era noso. Oxalá nestas páxinas atopedes eses recordos de loita, de bravura e mesmo de sacrificio que os galegos e galegas experimentamos naqueles días.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 186
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 11/11/2022
Dimensións 135 x210 mm.
Colección: Varios
Nº na colección: 163
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-943-0
Observacións:

AUTORES/AS

Domínguez, Santi
santi-dominguez

Naceu o 25 de xullo de 1964 en Vigo. Empezou a exercer como mestre en 1985 no colexio San José de Lugo, para volver á súa cidade no ano 1989 para impartir clases no seu centro actual, o colexio San José de la Guía, en Teis, onde dá clases de Educación Física en primaria e Galego e Castelán en Secundaria, ademais de ser titor en primeiro da ESO. Entre 1995-2015 dedicouse á política activa, chegando a ser concelleiro, tenente de alcalde da cidade de Vigo e director xeral de deportes da Xunta de Galicia.

Desde sempre foi un apaixonado da innovación en temas de educación e, sobre todo, un loitador constante por mellorar o medio educativo do seu alumnado.

As súas obras

Diario dun mestre na pandemia
9788491515951
15.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Varios

A historia de Sara
9788491519768
20.90€ CON IVE
ALBA DE GLORIA
alba-de-gloria
12.50€ CON IVE
Algúns contos completos
9788491516514
21.15€ CON IVE
Arrieiros somos
9788491519485
19.70€ CON IVE
Bambi. Unha vida na fraga
9788491518266
25.45€ CON IVE
Cando choraron as cíes
9788491519430-1
20.75€ CON IVE
Cantigas de Santa María
9788491516415
15.10€ CON IVE
Cen sementes que voaron
cen-sementes-que-voaron
16.50€ CON IVE