Estás aquí:

Código: 18386

O meu sangue

16,30  IVE INCLUIDO
Empatizarías con alguén que humilla o teu sangue? Ata onde serías capaz de chegar para defender o que máis queres?
Para David Ledesma, que soña con ser un escritor de éxito de novela negra, un disparo ridículo nunha perna é o colofón da súa vida con Belén e o comezo dunha relación tráxica con María. A partir de aquí, o protagonista mergúllase nunha trama onde a violencia, a maldade e o amor entretecen un relato de vinganza. Diego Giráldez compón un gran tapiz que nace da intimidade dun corazón desafiuzado que loita por recompoñerse. O meu sangue é unha intriga que nos arrastra ao particular descenso aos infernos do protagonista e a unha defensa irracional do que nos fai máis felices: os seres e os lugares queridos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 148
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 449
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-841-9
Observacións:

AUTORES/AS

Giráldez, Diego
Diego-Giraldez

(O Porriño, 1976). Exerceu o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Ademais de coordinar varias cabeceiras, colaborou como columnista de opinión nos xornais A Nosa Terra e Xornal de Galicia e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade, faino co diario dixital Praza Pública e a revista Luzes. Fundou e dirixiu as revistas Malladoura e CanZine e escribiu libros relacionados coa arquitectura e a historia económica de Galicia.

En 2016 publicou o libro de relatos curtos Galería de saldos, o seu primeiro traballo de narrativa, polo que foi elixido «Autor galego do ano» pola revista Fervenzas Literarias. En 2019 publicou en Editorial Galaxia a novela Hotel para coleccionistas discretos e participou nas obras colectivas O libro dos trens e A secreta melancolía da garza (Galaxia, 2019).

Entre os galardóns que recibiu destacan o Premio Literario José Saramago de relato curto (2010), o primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (2015) e o Premio Literario Manuel Murguía (2016). En 2020 quedou finalista do XVII Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego.

As súas obras

Hotel para coleccionistas discretos
hotel-para-coleccionistas-discretos
14.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE