(Mugardos, 1947) comezou os estudos de música na súa vila natal, e en 1968 entrou en contacto co movemento da Nova Canción Galega, en Santiago de Compostela, representado daquela polo colectivo Voces Ceibes.
Gravou os seus primeiros traballos discográficos en 1969 coa compañía Edigsa, en Barcelona, logo con Philips e, máis tarde, con Zafiro-Novola.
Entre os seus discos destacan Cantares da miña terra (1973), Lembranzas (1977) e Nadal (1980), así como a recompilación A gran escolma da música galega (1993), entre outros.
Colaborou en prensa con artigos de opinión en medios como Diario de Ferrol e Galicia Digital e publicou os libros Pasaba por alí. E quedei un intre (Galaxia, 2021) e Cartas a Michi (2023).
Foto do autor: © Ovidio Aldegunden