“Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío”, que dá título a este libro, é un verso en homenaxe e lembranza de amizades cantoras, onde Mero Iglesias se volve relator das súas memorias, dos 50 anos de Fuxan os Ventos e da música daqueles anos importantes da recente historia de Galicia, e que converten esta relación de feitos “na miña verdade, que exerzo na liberdade de contar. Aínda que é certo que vai arroupada con datos que poidan dar proba, por eles mesmos, de que a historia xa foi narrada anteriormente, e discrepo das que outras persoas contaron”, en palabras do autor.
(Vilalba, 1951). Titulado en Maxisterio, formou parte do grupo Fuxan os Ventos dende a súa fundación en 1972 ata 1983, para despois, con Xosé Luís Rivas (Mini), formar A Quenlla (1984), grupo no que segue activo, en proxectos, concertos e gravacións. En 2007 cede todas as súas recompilación de campo —Cantos, recitados, lendas, contos, bailes, etc.— ao Museo do Pobo Galego para seren dixitalizadas e formar parte do Arquivo do Patrimonio Oral e Inmaterial de Galiza.
Foto do autor: © Marcos Míguez.