Cen anos da cidade de Vigo a través da mirada dunha cámara
Ángel Llanos é o profesional vigués de máis longo percorrido na fotografía, á que se dedicou durante máis de oito décadas, dende que por primeira vez disparou unha cámara aos once anos. Mesmo durante a Guerra Civil mantivo a actividade, integrado no gabinete fotográfico do Corpo de Exército de Galicia. Ademais, o seu arquivo enriqueceuse coas placas herdadas do seu avó e do seu pai, pioneiros no mundo do retrato e a reportaxe.
A historia de Vigo durante máis dun século foi plasmada en fotos por esta familia, material do que ofrecemos unha ampla mostra, xunto á biografía de Llanos, con moitos perfís de interese.

Xerardo González Martín (Ávila, 1942), é periodista e escritor. Foi redactor xefe de Radio Popular e director de El Correo Gallego, Antena 3 e Televigo. Comprometido coa realidade do país, participou en política na etapa da transición, desenvolvendo o posto de Delegado do Ministerio de Cultura na provincia de Pontevedra (1979) e máis tarde obtendo acta de deputado no Parlamento galego (1981). É membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses, «Vigués Distinguido» e colaborador asiduo de La Voz de Galicia. A súa preocupación polo devir da cidade de Vigo levouno a fisgar con intensidade no pasado da Cidade Olívica. Froito do seu traballo é unha serie de libros sobre a historia local viguesa, entre os que salientan Vigo no espello dos nosos avós (Xerais, 1991) e máis Gallegos al volante. 1900-1930 (Instituto de Estudios Vigueses, 1995), que foi Premio Fundación RACE.