Estae tarde presentamos o libro de Xerardo González Martín, 'Ángel Llanos, fotógrafo'. No acto participan Víctor Freixanes, director xeral de Galaxia, Mercedes Llanos, filla de Ángel Llanos, Fernando Ramos, xornalista, e o autor, Xerardo González Martín.
O volume abarca toda a súa traxectoria fotográfica, o que na práctica significa case que cen anos da historia da cidade e de Galicia. Coa publicación deste libro, Ángel Llanos, ou Angelito, como é coñecido agarimosamente pola profesión xornalística, ve convertido en papel todo o seu legado fotográfico que é historia viva de nós, do que fomos, e que explica, tamén, o noso actual presente.
Un exercicio de xustiza para con un fotógrafo que é orgullo de todos nós.