Balbino, medio século contando
Hoxe cúmprese medio século da publicación na Arxentina de ‘Memorias dun neno labrego’, a novela que converteu a Xosé Neira Vilas no autor máis lido da historia da literatura galega, superando xa os 600.000 exemplares vendidos desta obra protagonizada por un neno de aldea, 'un ninguén' como rezan as primeiras liñas da obra. Na nosa […]
Presentación de UN SOÑO NA BANDEXA en Poio
Este martes presentarase en Raxó, no Concello de Poio, o libro de Marine Lorenzo Corcoba, Un soño na bandexa, recentemente publicado na colección Tartaruga e que está a ter un éxito clamoroso tanto de crítica como de público nos moitos actos que xa se celebraron, tanto abertos á cidadanía como en colexios, arredor desta tenra […]
Feliz 2011
Para este ano 2011 desexamos que veña cheo de libros e de palabras lindas, de historias nas que atopar emocións e, xa que logo, máis ganas de ler. Porque sabemos que a nosa capacidade de amar a lectura é contaxiosa e porque devecemos por 'infectar' a cantas máis persoas mellor. Porque sabemos, tamén, que non […]
Neira Vilas: "Escribir é algo esencial. A miña razón de vivir"
Falar de Neira Vilas é falar da infancia de media humanidade. Ou case. É, sen dúbida, un dos escritores máis sobranceiros do noso país. Nacido en Vila de Cruces en 1928, a súa vida e a súa obra está marcada pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e en Cuba. Dese sentir […]
CABALO DE OUROS en Pontevedra
Será ás 20:00 h no Café Moderno, nun acto no que ademais do autor van participar Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Miguel Barros, conselleiro delegado de Xornal de Galicia. Freixanes volve nesta novela ao ámbito ficcional de O triángulo inscrito na circunferencia, unha Vilanova de Alba deshabitada e crepuscular na que os […]
Dende Galaxia, BO NADAL
Que non falten esperanzas que imaxinar, que abonden proxectos de futuro, que reborden as amizades na mesa, que nazan cantigas nas gorxas, que boten raigame os risos nas caras, que a felicidade sexa tanta que a ledicia se bote por fóra, que os paseos baixo da lúa dean para moito, que os amenceres perseguindo o […]
'Cabalo de ouros' foi presentada en Santiago
O salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago encheuse de público para asistir á presentación da novela de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, 'Cabalo de ouros' e que supón o seu retorno á novela despois de moitos anos de silencio literario. O acto abriuse coa intervención do actor Cándido Pazó quen […]
Agadic e Galaxia coeditan un novo volume da "Biblioteca de Teatro" dedicado á teoría e práctica interpretativas
A colección "Biblioteca de Teatro", que a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Editorial Galaxia manteñen en réxime de coedición, acada os 24 títulos coa publicación de A interpretación (re)considerada, novo volume da súa serie "Grandes manuais". Esta guía teórico-práctica recompila máis de vinte ensaios asinados por investigadores, docentes e creadores de renome internacional, […]