Presentación de UN SOÑO NA BANDEXA en Poio

Categoría: Nova

Este martes presentarase en Raxó, no Concello de Poio, o libro de Marine Lorenzo Corcoba, Un soño na bandexa, recentemente publicado na colección Tartaruga e que está a ter un éxito clamoroso tanto de crítica como de público nos moitos actos que xa se celebraron, tanto abertos á cidadanía como en colexios, arredor desta tenra historia protagonizada por un camareiro e unha soñadora moi particular.
Mañá martes presentarase este libro en Raxó, no Concello de Poio, nun acto no que participarán, ademais da autora, a escritora Fina Casalderrey e o editor e escritor Francisco Castro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email