Feliz 2011

Categoría: Nova

Para este ano 2011 desexamos que veña cheo de libros e de palabras lindas, de historias nas que atopar emocións e, xa que logo, máis ganas de ler.
Porque sabemos que a nosa capacidade de amar a lectura é contaxiosa e porque devecemos por 'infectar' a cantas máis persoas mellor. Porque sabemos, tamén, que non hai paixón máis forte que aquela que nos emociona e, xa que logo, que a lectura é unha das máis poderosas. E porque sabemos que a quen se lle quere se lle desexan cousas boas.
Por iso, o noso desexo, é que o 2011 sexan libros, lecturas, versos e personaxes inesquencibles.
Feliz 2011 para todas e para todos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email