Que non falten esperanzas que imaxinar, que abonden proxectos de futuro, que reborden as amizades na mesa, que nazan cantigas nas gorxas, que boten raigame os risos nas caras, que a felicidade sexa tanta que a ledicia se bote por fóra, que os paseos baixo da lúa dean para moito, que os amenceres perseguindo o sol sexan inspiradores, que a tenrura vos chegue tanta que teñades para repartir e aínda vos sobre…
E que a ninguén falte o amor.
Os que facemos Galaxia desexámosvos un Bo Nadal.