Presentado 'O soldadiño de chumbo'

De Literatura 2.0. podería cualificarse 'O soldadiño de chumbo' na versión que onte presentamos, en forma de libro, curtametraxe en DVD e aplicación para iPad. O produto editorial nace da colaboración entre a editorial Galaxia e as empresas galegas Continental, Algarabía e Moonbite. O libro, que inaugura a colección Contos de Cinema, está editado a […]

Presentación de CABALO DE OUROS

Este xoves, ás 20 horas, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, o novelista e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes presentará a súa nova novela, 'Cabalo de ouros'. No acto estará acompañado polo director literario de Galaxia, Carlos Lema, e pola crítica literaria Dolores Vilavedra. O autor volve ao ben coñecido, para os seus […]

'Que me queres, amor?' sairá en chinés

O libro de contos de Manuel Rivas, 'Que me queres, amor?' vai aparecer proximamente en mandarín da man da editorial Xangai 99 que realizará unha tirada de 8000 exemplares. O libro, Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996, xa coñece traducións a vinte e cinco linguas diferentes. As dezaseis narracións que compoñen […]

Contoplanet camiño das 1000 descargas

Hoxe venres fará unha semana que están dispoñibles na AppStore a aplicación Contoplanet que supón a posibilidade de descargar cinco contos en galego do noso catálogo para iPad e iPhone. O arranque ten sido realmente espectacular, pois durante a ponte da Constitución, a aplicación xa fora descargada en máis de trinta e cinco países, sendo […]

A saúde do sector cultural galego

Pasada unha semana, é tempo de facer balanzo do Culturgal, a recuperada Feira das Industrias Culturais, escaparate da edición, o audiovisual e a música galega que este ano se celebrou na cidade de Pontevedra coa satisfacción unánime do sector e o compromiso firme de continuidade. "Despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá […]

Presentación de O IMPOSIBLE DE DESATAR na Coruña

Este xoves Iván García Campos presenta a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2010, 'O imposible de desatar'. No acto intervirán, canda o autor, o tamén escritor e xornalista Camilo Franco, e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. Con 'O imposible de desatar' Iván García Campos inicia a súa andaina literaria cunha obra da […]

Galaxia no Culturgal

Dende este venres e ata o domingo, Editorial Galaxia desenvolverá todo un mollo de actos pensados para todo tipo de públicos. Espectáculos de maxia, actuacións musicais, faladoiros con escritores e escritoras… todo un conxunto de actividades que convertirán Pontevedra no centro cultural do noso país. De seguido, o calendario preparado pola nosa editorial: Venres 26 […]

Ángel Llanos na presentación do seu libro

O día de onte foi importantísimo na vida longa e fecunda do fotógrafo Ángel Llanos, de quen a nosa editorial onte presentou o libro 'Ángel Llanos, fotógrafo' escrito por Xerardo González Martín. Ata última hora non sabiamos se o gran mestre ía estar compartindo con nós o instante da saída á luz do seu legado […]