Unha cociña na que nos recoñecemos

O salón do Real Club Náutico de Vigo quedou pequeno para acoller a presentación do novo libro de receitas do cociñeiro Benigno Campos. O acto, presidido por palabras emocionantes e discursos sobre a felicidade, encheuse tamén de música. Por algo este novo receitario vén acompañado dun CD coas cantigas do programa de Larpeiros. Abriu o […]

Xurxo Sierra Veloso recibiu o premio Repsol de Novela

Onte, na Fundación Luis Seoane da Coruña, o escritor Xurxo Sierra Veloso recibía o premio de novela Repsol pola súa obra 'Os fíos' que vimos de publicar na nosa colección Literaria. No acto participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo e o director xeral de Editorial […]

Presentación do libro ÁNGEL LLANOS, FOTÓGRAFO

Estae tarde presentamos o libro de Xerardo González Martín, 'Ángel Llanos, fotógrafo'. No acto participan Víctor Freixanes, director xeral de Galaxia, Mercedes Llanos, filla de Ángel Llanos, Fernando Ramos, xornalista, e o autor, Xerardo González Martín. O volume abarca toda a súa traxectoria fotográfica, o que na práctica significa case que cen anos da historia […]

Presentación das NOVAS RECEITAS DA COCIÑA DE LARPEIROS

Despois do éxito enorme obtido co seu anterior receitario, preséntase por fin en sociedade e chega ás librerías o segundo libro do popular cociñeiro Benigno Campos. Neste 'Novas receitas da cociña de larpeiros' imos atopar toda unha enorme proposta de pratos e sobremesas para satisfacer os padais máis esixentes. Neste caso, ademais, vai co engadido […]

Entrega do Premio Repsol a Xurxo Sierra Veloso

O escritor Xurxo Sierra Veloso facíase merecente desta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, hai uns meses e pola súa novela 'Os fíos' que vén de saír do prelo hai uns días. No seu momento, o voceiro do xurado destacou "a ironía, a pulida e traballada narrativa do autor, a orixinalidade no tratamento literario, […]

Presentación de PEL CON PEL en Moaña

Este sábado, e dentro dos actos que Fedegalma organiza arredor da defensa da Lactación Materna, presentarase o libro 'Pel con pel' coa participación, recitando os seus textos, de tres dos autores do libro: Ledicia Costas, Eduardo Estévez e Marta Dacosta. O libro é resultado da colaboración entre Fedegalma e a nosa editorial e amosa, ademais […]

Ola, ola, la!

O teatro Coliseo Noela, de Noia, acollerá o sábado 20 de novembro ás 18.30 horas a primeira función de Ola, ola, lá! Este espectáculo será conducido polo conxunto Mamá Cabra, ben coñecido polos nenos e nenas galegos, e está destinado ao público entre os 4 e os 8 anos. Ritmo e electricidade a dar voltas […]

Lectura dixital

A lectura dixital é xa unha realidade, e ao mesmo tempo, un debate aberto sobre o futuro dos medios de comunicación, as técnicas de transmisión do coñecemento e as destrezas dos seres humanos diante do saber e a cultura. Como se di na Carta do Editor, citando ao sociólogo americano Neil Postmann, unha cultura que […]