Este xoves, ás 20 horas, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, o novelista e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes presentará a súa nova novela, 'Cabalo de ouros'. No acto estará acompañado polo director literario de Galaxia, Carlos Lema, e pola crítica literaria Dolores Vilavedra.

O autor volve ao ben coñecido, para os seus lectores e lectoras, Vilanova de Alba, para retratar un tempo que se foi, nunha trama na que o wolframio, a Galicia daquel tempo, o cantar de cego e unha partida de cartas que é moito máis ca un xogo, se dan cita nun libro vibrante dende a primeira das liñas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR