Aquí comeza o mar

Blanca Riestra

PREMIO BLANCO-AMOR 2021

Unha cidade construída, non sobre un volcán, senón sobre un sumidoiro. Encheron parte do istmo con bloques de cemento e chamáronlle o Recheo, logo construíron por riba casas modernistas e obeliscos e plantaron árbores exóticas, en xardíns con estatuas de escritoras e de próceres.

Pero o sumidoiro móvese e tira dos que camiñan sobre el, funciona coma unha ventosa. Mentres a cidade vive, o sumidoiro láiase e boquea. Sopra o vento, chove a mares e, arredor, os océanos axítanse e ameazan de negrura.

Aquí comeza o mar é a historia dunha cidade anómala, A Coruña, segunda capital del franquismo, onde, ás costas dos funcionarios e da xente ben, a finais dos setenta, empeza a medrar unha bohemia desaforada e imaxinativa, unha vida nocturna velenosa e fulgurante. A través das páxinas da novela, acompañamos a pintores, músicos de rock, escritores e poetas á procura dunha cultura propia nunha explosiva epopea de autodestrución persoal chea de humor, de drogas, de fantasía, de sexo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 246
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 10/03/2022
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-808-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 443
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

EricaAna Vigo

Autor/a

Riestra, Blanca
(A Coruña, 1970) é autora das novelas Anatol y dos más (1996), La canción de las cerezas (2001, premio Ateneo Joven de Sevilla), El Sueño de Borges (2005, premio Tigre Juan), Todo lleva su tiempo (2007, finalista do premio Fernando Quiñones), Madrid Blues (2008), La noche sucks (2010), Vuelo diurno (2012), Pregúntale al bosque (2013, premio Ciudad de Barbastro), Greta en su laberinto (2015, premio Torrente Ballester), Noire Compostela (2016, premio de novela por entregas de La Voz de Galicia), Últimas noches del edificio San Francisco, (2020, premio Ateneo de Sevilla) e do poemario Una felicidad salvaje (2010). Doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Borgoña cunha tese sobre o poeta Juan Larrea, foi directora do Instituto Cervantes de Albuquerque (Estados Unidos), directora literaria da colección “Versión Celeste” da editorial francesa Orbis Tertius, profesora universitaria e, na actualidade, traballa como profesora de secundaria no IES Neira Vilas de Oleiros (A Coruña).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR