Riestra, Blanca

Blanca Riestra
Riestra, Blanca

(A Coruña, 1970) é autora das novelas Anatol y dos más (1996), La canción de las cerezas (2001, premio Ateneo Joven de Sevilla), El Sueño de Borges (2005, premio Tigre Juan), Todo lleva su tiempo (2007, finalista do premio Fernando Quiñones), Madrid Blues (2008), La noche sucks (2010), Vuelo diurno (2012), Pregúntale al bosque (2013, premio Ciudad de Barbastro), Greta en su laberinto (2015, premio Torrente Ballester), Noire Compostela (2016, premio de novela por entregas de La Voz de Galicia), Últimas noches del edificio San Francisco, (2020, premio Ateneo de Sevilla) e do poemario Una felicidad salvaje (2010).

Doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Borgoña cunha tese sobre o poeta Juan Larrea, foi directora do Instituto Cervantes de Albuquerque (Estados Unidos), directora literaria da colección “Versión Celeste” da editorial francesa Orbis Tertius, profesora universitaria e, na actualidade, traballa como profesora de secundaria no IES Neira Vilas de Oleiros (A Coruña).

As súas obras

Anatol e dous máis
9788411760058
16.30€ CON IVE
Noire Compostela
Noire Compostela
15.50€ CON IVE
Aquí comeza o mar
9788491518082
21.50€ CON IVE