Perfecto Conde dixo: López á moi seu para non ser orixinal
López debuxa a Celestino. Ou Celestino debuxa a López. E ambos os dous debúxannos a nós. Para rirse de nós. Para iluminar-nos. Para deitar retranca e felicidade. Na mellor tradición do Castelao humorista. Unha proposta de
humor intelixente para persoas intelixentes. Como López. Como Celestino.

(Ribadeo, 1955) Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, foi delegado da Axencia Efe de 1988 a 1996.
Publicou as súas primeiras viñetas en El Correo Gallego nos anos 80 e mantivo unha colaboración diaria en Galicia Hoxe durante cinco anos, ademais doutras en distintos medios como Galegos, Longalíngua e Efeverde, e a que mantén na actualidade en Galicia Confidencial.
Publicou Houston teneis un problema (2019), Santiago en Compostela (2020) e Aproximación á esquiva figura de Celestino Carballeira (2022), así como o primeiro capítulo da Historia Universal de Galicia (2012).