A unidade e a harmonía da realidade. Complexidade e ecoloxía

Victorino Pérez Prieto

A unidade e a harmonía da Realidade é un diálogo aberto co mundo da ciencia e do pensamento,

que nos anuncia unha nova maneira de situarnos como persoas e comunidade crente-relixiosa dentro da Realidade. Un ensaio apaixonado que fala de ciencia, de física, de filosofía, de teoloxía, de mística, da natureza, da creación e do lugar que todo ser humano ocupa nese conxunto un e diverso de seres, e das relacións que formamos no mundo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 284
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 15/03/2022
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-828-0
  • Edición :
  • Nº na colección : 112
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

EricaAna Vigo

Autor/a

Pérez Prieto, Victorino
Victorino Pérez Prieto (Hospital de Orbigo, León, 1954) é doutor en teoloxía pola Universidade de Salamanca e en Filosofia pola Universidade de Santiago de Compostela. Deu cursos nas Universidades de A Coruña e Santiago. Foi director da revista Irimia e é membro do consello de redacción de Encrucillada e outras publicacións publicacións, onde ten recollido bo número dos seus ensaios e traballos de carácter teolóxico, filosófico e social. Publicou os libros: A xeración ´Nós`. Galeguismo e relixión (Galaxia 1988); Galegos e cristiáns (1995); Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo (1997); A Romaxe de Crentes Galegos (1998); Con cordas de tenrura (2000; Con cuerdas de ternura, Para un encuentro con el Dios de Jesús 2002); Contra a síndrome N.N.A. ("Non hai Ningunha Alternativa") (Xerais, 2005); Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego (2007); Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar (2008, Oltre la frammentazione del sapere e della vita 2011); Dios, hombre, mundo. La Trinidad de Raimon Panikkar (2008) e Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario (Galaxia 2010); tamén publicou outros moitos en colaboración, nos que salientan: Manuel María (2001), Aulas no camiño. Diálogos nun camiño da cultura Europea (2007), Ser Igreja (2007), Diccionario Enciclopedia do Pensamento Galego (Galaxia 2008), Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza (2010), Perspectivas sobre Bóveda. Ensaios e poemas (2011); Da Galicia de Balbino á Galicia de hoxe. No 50 Aniversario de "Memorias dun neno labrego" (2011) e Repensar a Teoloxía. Recuperar o cristianismo. Homenaxe a Andrés Torres Queiruga (Galaxia 2012), La búsqueda de la armonía en la diversidad. El diálogo ecuménico e interreligioso (2014), Espiritualidad ecológica. Una nueva manera de concebir a Dios y nuestra relación con él y con el mundo (2014), Diccionario panikkariano (2016) e Prisciliano, um cristão livre (2017)


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR