20,95€

mercar

A condición homosexual

Xosé Chao Rego

A condición homosexual é o froito de vinte e cinco anos de preocupación intelectual, científica e sobre todo humana polo fenómeno do "amor que non ousa dicir o seu nome".

Cunha linguaxe asequible e unha gran claridade expositiva, Chao Rego aborda as condutas homoeróticas desde a perspectiva da bioloxía e a teoloxía. Pero este documentado libro non é un tratado aséptico e neutro, senón unha razoada e serena alegación contra a discriminación e os prexuízos homofóbicos que aínda hoxe seguen a constituír o trazo hexemónico da nosa sociedade en relación con este tema.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 228
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 138 x 208
  • Data Publicación : 1999-06-01
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-268-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Autor/a

Chao Rego, Xosé
Escritor e teólogo, naceu en Vilalba (1932-2018). En 1956 ordenouse sacerdote. Fundou a asociación e a revista Irimia e organiza as Romaxes de Crentes Galegos dende 1978. Colabora de forma asidua en publicacións periódicas como La Voz de Galicia e Encrucillada. A maior parte da súa produción escrita xira en torno ao ensaio teolóxico e antropolóxico-social, sempre dende unha perspectiva galega. Entre as súas obras destacan Eu renazo galego, ensaio sobre a identidade galega que recibiu en 1984 o Premio da Crítica; Para comprendermos Galicia (1987) sobre o mesmo tema, e os sete tomos de Historia do pobo de Xesús, en que nos recrea de forma crítica os feitos bíblicos. Nos últimos anos publicou A condición homosexual (1999), traballo no que aborda as condutas homoeróticas desde a perspectiva da bioloxía e a teoloxía; O sexo, a muller e o crego (2000) e O queixume das orixes e tres salaios máis (2000).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR