Naceu en Marín en 1936. Leva a cabo unha intensa actividade como investigador no eido da historia, como demostran os artigos publicados en publicacións como Algália e Galicia social. Tamén cultivou a narrativa histórica. Resaltan as súas novelas Un home de Vilameán: anatomía dunha revolución, ¡Ouveade, naves de Tarsish!, Vento do Norte, vento do Sur e O ano do cometa, gañadora do premio Xerais 1986. En 1992 publicou ¡Xerusalén, Xerusalén!, resultado das súas viaxes por Oriente Medio, que constitúe unha tentativa de tratar o conflito que enfronta a árabes e israelís.