Estás aquí:

Código: 2651

A cuestion ambiental en Galicia

28,60  IVE INCLUIDO
A cultura ambiental dos galegos e galegas agroma dunha ética e dunha sensibilidade que se configuran ao longo da historia. Neste libro Díaz-Fierros achéganos a un ensaio no que analiza as orixes e a evolución do pensamento sobre os límites dos recursos naturais da sociedade galega.
Os problemas ecolóxicos e ambientais que afectan a todo o globo preocupan cada vez máis á sociedade, pero cada cultura reacciona ante eles dunha maneira diferente. Francisco Díaz-Fierros propón en A cuestión ambiental en Galicia un achegamento sobre os límites dos recursos naturais na sociedade galega; para iso centra o seu traballo nun período de tempo esencial, desde mediados do século XVIII, en que se acada un desenvolvemento tecnolóxico que altera considerablemente en en pouco tempo o medio natural, ata 1972,ano no que se celebra o cumio de Estocolmo.

A natureza como recurso, a recepción do pensamento ecolóxico, o enfoque sanitario da problemática ambiental son os eixos ao redor dos cales se desenvolve este ensaio histórico no que se recollen os principais fitos que acabarán constituíndo as raíces e desenvolvemento dunha cultura moi presente na sociedade de hoxe.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 372
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 17/03/2006
Dimensións 14 x 21 cm. mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-887-3
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Díaz-Fierros Viqueira, Francisco
fierros

Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. Autor de monografías coma As concas fluviais de Galicia. Características e riscos de contaminación difusa (1993) e O medioambiente: do control da emisión á incerteza do risco (2000). Obtivo o Premio da Crítica de Galicia en investigación no ano 1997.

Díaz-Fierros é membro do Consello da Cultura Galega e membro numerario da Real Academia Galega desde o 26 de setembro do ano 2002, data na que pronunciou o discurso Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo. Desde 2016 é académico de número emérito da Real Academia de Farmacia de Galicia.

As súas obras

O gran triángulo
9788491517832
18.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE