O gran triángulo

Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Dous franceses e un galego nas illas Pitiusas

Entre 1806 e 1808, o matemático e astrónomo, Xosé Rodríguez González (Bermes, Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824), xunto cos franceses Jean-Baptiste Biot e François Arago, percorreron as illas Pitiusas nunha expedición científica que serviría para definir o metro como sistema universal de medida. Os seus traballos e aventuras constitúen un relato histórico do máximo interese para poñer en valor a importancia deste matemático galego neste logro científico.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 186
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 123 x 210
  • Data Publicación : 24/01/2022
  • Colección : Varios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-783-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 152
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Díaz-Fierros Viqueira, Francisco
Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. Autor de monografías coma As concas fluviais de Galicia. Características e riscos de contaminación difusa (1993) e O medioambiente: do control da emisión á incerteza do risco (2000). Obtivo o Premio da Crítica de Galicia en investigación no ano 1997.

Díaz-Fierros é membro do Consello da Cultura Galega e membro numerario da Real Academia Galega desde o 28 de setembro do ano 2002.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR