Díaz-Fierros Viqueira, Francisco

fierros
Díaz-Fierros Viqueira, Francisco

Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. Autor de monografías coma As concas fluviais de Galicia. Características e riscos de contaminación difusa (1993) e O medioambiente: do control da emisión á incerteza do risco (2000). Obtivo o Premio da Crítica de Galicia en investigación no ano 1997.

Díaz-Fierros é membro do Consello da Cultura Galega e membro numerario da Real Academia Galega desde o 26 de setembro do ano 2002, data na que pronunciou o discurso Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo. Desde 2016 é académico de número emérito da Real Academia de Farmacia de Galicia.

As súas obras

A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
O gran triángulo
9788491517832
18.00€ CON IVE