Escritor e teólogo, naceu en Vilalba (1932-2018). En 1956 ordenouse sacerdote. Fundou a asociación e a revista Irimia e organiza as Romaxes de Crentes Galegos dende 1978. Colabora de forma asidua en publicacións periódicas como La Voz de Galicia e Encrucillada.
A maior parte da súa produción escrita xira en torno ao ensaio teolóxico e antropolóxico-social, sempre dende unha perspectiva galega. Entre as súas obras destacan Eu renazo galego, ensaio sobre a identidade galega que recibiu en 1984 o Premio da Crítica; Para comprendermos Galicia (1987) sobre o mesmo tema, e os sete tomos de Historia do pobo de Xesús, en que nos recrea de forma crítica os feitos bíblicos.
Nos últimos anos publicou A condición homosexual (1999), traballo no que aborda as condutas homoeróticas desde a perspectiva da bioloxía e a teoloxía; O sexo, a muller e o crego (2000) e O queixume das orixes e tres salaios máis (2000).