Pérez Prieto, Victorino

Victorino-Perez-Prieto
Pérez Prieto, Victorino

Victorino Pérez Prieto (Hospital de Orbigo, León, 1954) é doutor en teoloxía pola Universidade de Salamanca e en Filosofia pola Universidade de Santiago de Compostela. Deu cursos nas Universidades de A Coruña e Santiago. Foi director da revista Irimia e é membro do consello de redacción de Encrucillada e outras publicacións publicacións, onde ten recollido bo número dos seus ensaios e traballos de carácter teolóxico, filosófico e social.

Publicou os libros: A xeración “Nós”. Galeguismo e relixión (Galaxia 1988); Galegos e cristiáns (1995); Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo (1997); A Romaxe de Crentes Galegos (1998); Con cordas de tenrura (2000; Con cuerdas de ternura, Para un encuentro con el Dios de Jesús 2002); Contra a síndrome N.N.A. (“Non hai Ningunha Alternativa”) (Xerais, 2005); Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego (2007); Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar (2008, Oltre la frammentazione del sapere e della vita 2011); Dios, hombre, mundo. La Trinidad de Raimon Panikkar (2008) e Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario (Galaxia 2010); tamén publicou outros moitos en colaboración, nos que salientan: Manuel María (2001), Aulas no camiño. Diálogos nun camiño da cultura Europea (2007), Ser Igreja (2007), Diccionario Enciclopedia do Pensamento Galego (Galaxia 2008), Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza (2010), Perspectivas sobre Bóveda. Ensaios e poemas (2011); Da Galicia de Balbino á Galicia de hoxe. No 50 Aniversario de “Memorias dun neno labrego” (2011) e Repensar a Teoloxía. Recuperar o cristianismo. Homenaxe a Andrés Torres Queiruga (Galaxia 2012), La búsqueda de la armonía en la diversidad. El diálogo ecuménico e interreligioso (2014), Espiritualidad ecológica. Una nueva manera de concebir a Dios y nuestra relación con él y con el mundo (2014), Diccionario panikkariano (2016) e Prisciliano, um cristão livre (2017).

As súas obras

Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario
prisciliano
27.50€ CON IVE
A unidade e a harmonía da realidade. Complexidade e ecoloxía
9788491518280
23.35€ CON IVE