Estás aquí:

Código: 2678

Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario

27,50  IVE INCLUIDO

Velaquí un percorrido pola historia dun símbolo necesario para a construción da identidade galega.

Achegamento científico á figura de Prisciliano, este libro aborda a súa relevancia para a cultura galega, sobre todo desde o século XIX ata os nosos días.

Neste libro imos "reencontrármonos con nós mesmos, isto é, coa historia que nos fixo e da que vimos". Coa súa lectura "achamos resposta a varias interrogantes que outros textos anteriores sobre Prisciliano nos suscitaron. Para ese camiño cóntase aquí cun magnífico guía, perito en moitos camiños e autor de moitas páxinas documentadas sobre a historia particular do cristianismo galego". (Do "Adro" de Mª Pilar García Negro)

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 332
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 08/05/2012
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 57
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-430-1
Observacións: 3ª impresión xuño 2024

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Pérez Prieto, Victorino
Victorino-Perez-Prieto

Victorino Pérez Prieto (Hospital de Orbigo, León, 1954) é doutor en teoloxía pola Universidade de Salamanca e en Filosofia pola Universidade de Santiago de Compostela. Deu cursos nas Universidades de A Coruña e Santiago. Foi director da revista Irimia e é membro do consello de redacción de Encrucillada e outras publicacións publicacións, onde ten recollido bo número dos seus ensaios e traballos de carácter teolóxico, filosófico e social.

Publicou os libros: A xeración “Nós”. Galeguismo e relixión (Galaxia 1988); Galegos e cristiáns (1995); Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo (1997); A Romaxe de Crentes Galegos (1998); Con cordas de tenrura (2000; Con cuerdas de ternura, Para un encuentro con el Dios de Jesús 2002); Contra a síndrome N.N.A. (“Non hai Ningunha Alternativa”) (Xerais, 2005); Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego (2007); Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar (2008, Oltre la frammentazione del sapere e della vita 2011); Dios, hombre, mundo. La Trinidad de Raimon Panikkar (2008) e Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario (Galaxia 2010); tamén publicou outros moitos en colaboración, nos que salientan: Manuel María (2001), Aulas no camiño. Diálogos nun camiño da cultura Europea (2007), Ser Igreja (2007), Diccionario Enciclopedia do Pensamento Galego (Galaxia 2008), Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza (2010), Perspectivas sobre Bóveda. Ensaios e poemas (2011); Da Galicia de Balbino á Galicia de hoxe. No 50 Aniversario de “Memorias dun neno labrego” (2011) e Repensar a Teoloxía. Recuperar o cristianismo. Homenaxe a Andrés Torres Queiruga (Galaxia 2012), La búsqueda de la armonía en la diversidad. El diálogo ecuménico e interreligioso (2014), Espiritualidad ecológica. Una nueva manera de concebir a Dios y nuestra relación con él y con el mundo (2014), Diccionario panikkariano (2016) e Prisciliano, um cristão livre (2017).

As súas obras

A unidade e a harmonía da realidade. Complexidade e ecoloxía
9788491518280
23.35€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE