“A normalidade do non-común"
Unha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de nacer marca a nosa vida nun molde que a sociedade se encarga de contornar e puír. Mais, que pasa se nacemos nun molde “equivocado”?
Zé, o noso protagonista, vive unha historia chea de valentía, loitando a contracorrente por construír a súa propia identidade. Coa complicidade dos seus amigos e a súa familia, percorrerá un camiño en que moitas vendas negras, que tapan os ollos e a alma, caerán ao chan. Rompendo todos os moldes, Zé será quen de amosarlle a todas as persoas que dá igual como te vexan os demais. O máis importante é como nos sentimos nós, ser quen queiramos ser e seguir sempre o que dite o noso corazón.
naceu en Ourense en 2002, e xa dende pequeno estivo profundamente namorado de Castelao (seica por iso se lle quedou pegado nos lentes e no nome). Di que lle gusta escribir teatro, relatos, poesía, tocar música, cantar, facer curtametraxes, fotografías, queixarse… Pero en verdade o que non lle gusta é parar quieto. Ou aburrirse, iso si que non o soporta. Poderás topalo polas re-
des facendo balbordo como @neeumatiko, ou dando clases de galego, ou facendo chistes malos (quen sabe). Identidade, o libro que tés entre as mans, é a súa primeira obra de teatro, así que cóidaa ben e goza con ela, que lle fará moita ilusión.z