Eduardo Santiago naceu na aldea de O Casal (Salcedo, Pontevedra) no ano 1964. Dende sempre se sentiu interesado pola ficción científica e no ano 1982 obtivo o segundo premio nun concurso convocado pola ONU para a Segunda Conferencia das Nacións Unidas sobre a exploración e utilización do espazo extraterrestre con fins pacíficos. Traballa na Administración pública e 2044 é a súa primeira obra de ficción.